Eventos pasados

Science is Wonderful!

Brussels Brussels

No marco desta feira de ciencias, a capital europea recibirá a máis dun centenar de investigadores destacados de todo o continente para que acheguen o seu traballo á cidadanía a través de experimentos, actividades interactivas, espectáculos científicos, xogos e cuestionarios.

Foro Mundial da Economía Circular 2024 (WCEF)

Brussels Brussels

Esta cita internacional anual na que participan miles de líderes, empresarios, representantes e expertos sirve como escenario para presentar as oportunidades e solucións que aporta a economía circular. A presente edición conta coa colaboración da Plataforma Europea de Partes Interesadas na Economía Circular e a Presidencia belga do Consello da Unión Europea.

European Youth Week / Semana Europea da Xuventude

Cada dous anos a UE celebra á súa xuventude para promover o compromiso e participación dos mozos e mozas europeos. Celebrada dous meses antes das eleccións europeas, a mobilización da mocidade de cara á cita electoral estará no foco desta edición do evento, cuxa programación está integrada por máis de 230 actividades en 26 países.