Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

9ª Edición de TecEuropa (11 ao 15 de novembro - Bruxelas, 26 de novembro- Santiago)

A Fundación Galicia Europa (FGE) organiza a novena edición do seu programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario, cunha oferta de 20 prazas para a formación de persoal de entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.

A primeira parte desta edición vaise desenvolver do 11 ao 15 de novembro en Bruxelas. A segunda parte terá lugar o día 26 de novembro en Santiago de Compostela. O anuncio da convocatoria publicouse no DOG o 8 de agosto, dando comezo a un prazo de inscricións que se estendeu ata o 9 de setembro. 

As solicitudes deben ser presentadas obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento: PR816A). Nesta edición, non poden presentarse as persoas candidatas que participaran en edicións de TecEuropa anteriores a 2019.

A listaxe provisional cos candidatos admitidos e excluídos no proceso de selección para esta 9ª edición de TecEuropa fíxose pública o 18 de setembro de 2019, establecéndose un prazo de 10 días hábiles ata o 2 de outubro para presentar reclamacións ou ben para emendar os defectos que motivaron a exclusión da solicitude orixinal. O 15 de outubro publicouse a listaxe provisional de persoas seleccionadas para esta 9ª edición do programa TecEuropa, tendo un prazo de tres días hábiles ata o venres 18 de outubro para presentar alegacións.

A continuación, pode consultar a documentación seguinte coas bases reguladoras do programa e o anuncio desta 9ª convocatoria. 

Máis información na nova relacionada.

Última actualización: 16 de outubro de 2019 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante