Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos europeos

Bolsas en asuntos europeos 2019.jpg

O  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 20 de decembro de 2018 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa para o ano 2019 nas súas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas. 

O 31 de decembro publicouse no DOG a convocatoria das seis bolsas: tres para o seguimento das políticas comunitarias, dúas para comunicación en asuntos europeos e unha para secretariado e apoio administativo. 

Nas bases poden consultarse os requisitos para solicitar os tres tipos de bolsa, a documentación requerida e os criterios de adxudicación. 

Por primeira vez a presentación de solicitudes será obrigatoriamente en formato electrónico a través dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365

Tras a publicación da convocatoria, o prazo de solicitudes dun mes de duración deu comezo o 1 de xaneiro e prolónganse ata o 31 do mesmo mes.

A solicitude das bolsas debe tramitarse a través do seguinte enlace.

 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante