Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos europeos

Por Orden no Diario Oficial de Galicia (DOG) autorizouse a 1 de decembro de 2017 á Fundación Galicia Europa unha nova convocatoria do seu programa de bolsas de formación en asuntos europeos. Convócanse un total de seis bolsas para a realización de prácticas en asuntos europeos nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas durante o ano 2018: cinco dirixidas a licenciados ou graduados e unha dirixida a técnicos superiores de formación profesional en Secretariado ou Asistencia á Dirección.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 29 de xaneiro de 2018. Tras cerrarse o prazo de inscrición, a comisión de avaliación nomeada levará a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases (valoración de méritos e entrevista).

Como novidade deste ano, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario  dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de  usuario e clave Chave365  (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente,  poderanse  presentar  as  solicitudes  presencialmente  en  calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común,  utilizando  o  formulario normalizado  dispoñible  na  sede  electrónica  da  Xunta  de Galicia, https://sede.xunta.gal


A información sobre o importe e financiamento da bolsa pódese atopar aquí.

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/tipo2.asp?idSeccion=8

Este programa de bolsas ten por obxectivo achegar a realidade comunitaria a Galicia e mellorar as oportunidades de emprego dos mozos galegos.

Neste apartado pode consultarse toda a información relativa ao proceso de selección.

 



Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante