Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

Por Orden no Diario Oficial de Galicia (DOG) autorizouse a 21 de novembro de 2017 unha nova convocatoria para a formación en prácticas dirixida a titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación nas oficinas da FGE en Bruxelas durante o ano 2018. Esta actividade formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 22 de decembro de 2017. Tras cerrarse o prazo de inscrición, a comisión de avaliación nomeada levará a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases (valoración de méritos e entrevista).

Como novidade deste ano, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de  usuario e clave Chave365  (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente,  poderanse  presentar  as  solicitudes  presencialmente  en  calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común,  utilizando  o  formulario normalizado  dispoñible  na  sede  electrónica  da  Xunta  de Galicia, https://sede.xunta.gal

A información sobre o importe e financiamento da bolsa pódese atopar aquí.

O plan de formación desta bolsa consiste no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e inclúe a participación nas reunións das redes de cooperación rexional en que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) e Vanguard Initiative.

Neste apartado pode consultarse toda a información relativa ao proceso de selección.


Actualizado 22 de novembro de 2017


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante