Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario 2017

Bruxelas, 19 de xullo de 2017. En cumprimento dos fins fundacionais e do plan de actuación 2017 aprobado polo seu padroado, a Fundación Galicia Europa (FGE) convoca dúas novas edicións, de 20 prazas cada unha, do programa de especialización en materia de financiamento comunitario (TecEuropa) que está dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos.


A primeira edición desenvolverase entre os días 17 a 20 de outubro  en Bruxelas e os días 9 (mañá e tarde) e 10 de novembro (mañá) en Santiago de Compostela. A segunda edición terá lugar entre os días 21 e 24 de novembro en Bruxelas e os días 30 de novembro (mañá e tarde) e 1 de decembro (mañá) en Santiago de Compostela.

Durante a estadía en Bruxelas, os participantes recibirán unha formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, ademais de visitar as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento. Durante os dous días de formación en Santiago, abordaranse os aspectos prácticos para acceder e xestionar os fondos comunitarios.


Novas relacionadas: Novas FGE-Galicia/Cursos


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante