Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsa para a formación de titulados universitarios no ámbito da I+D+i

A Fundación Galicia Europa publicou o 28 de setembro de 2016 unha nova convocatoria para a formación en prácticas dirixida a titulados superiores universitarios co obxecto de formar á persoa seleccionada na xestión de proxectos europeos no ámbito da innovación e a investigación nas oficinas da FGE en Bruxelas durante o ano 2017. Esta actividade formativa enmárcase dentro do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), asinado o 3 de agosto de 2016.

Tras cerrarse o prazo de inscrición o 14 de outubro, a comisión de avaliación nomeada levou a cabo un proceso simultáneo de selección consistente en dúas fases ( valoración de méritos e entrevista).

O plan de formación desta bolsa consiste no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e inclúe a participación nas reunións das redes de cooperación rexional en que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) e Vanguard Initiative.

Neste apartado pode consultarse toda a información relativa ao proceso de selección.


Actualizado 17 de novembro de 2016


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante