Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario

1 de marzo de 2016. Tras unha primeira edición  organizada en 2015, a Fundación Galicia Europa (FGE) convoca dúas novas edicións en 2016, de 20 prazas cada unha, do programa TecEuropa de especialización en materia de financiamento comunitario. 

Dirixido ao persoal das entidades galegas interesadas en participar en proxectos europeos, a primeira edición deste ano terá lugar en abril e a segunda entre setembro e outubro. O programa consta de dúas partes: unha primeira consistente nunha semana de formación en Bruxelas e unha segunda parte práctica que se levará a cabo en Santiago de Compostela.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020 e os programas de financiamento existentes, ademais de visitar -durante a estancia en Bruxelas- as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento.

2ª edición: abril 2016 

3ª edición: setembro-outubro 2016 

Noticias relacionadas: novas FGE>cursos


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante