Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Programa de especialización en materia de financiamento comunitario

2405F_1445428215_2392F_1435316590_berlaymont.jpg

25 de xuño de 2015. - A Fundación Galicia Europa (FGE) convoca un programa de especialización para 20 persoas que se desenvolverá na súa oficina de Bruxelas durante os vindeiros días 21 a 25 de setembro de 2015.

Os participantes recibirán formación especializada sobre o marco financeiro comunitario 2014-2020, os programas e iniciativas europeos e as vías de financiamento existentes, ademais de visitar as sedes das institucións europeas co obxectivo de coñecer de primeira man as súas competencias e funcionamento. A FGE cofinanciará os gastos derivados da participación neste programa.

O programa está dirixido especialmente a persoal vinculado ás entidades membro do padroado da FGE, pero tamén poderá participar persoal das entidades locais galegas, do terceiro sector e de calquera outra das entidades públicas ou privadas galegas que teñan relación coa xestión de proxectos europeos.  

As persoas  interesadas en participar no programa terán de prazo ata o día 10 de xullo do 2015 para enviar a solicitude e documentación correspondente ao enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Para calquera información complementaria poden contactar coa FGE no teléfono 981 541012 ou no enderezo electrónico santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Nos documentos adxuntos pódese atopar a convocatoria , o formulario de solicitude e un programa provisional. 

Recoméndase descargar o documento en PDF para poder cumplimentar correctamente o formulario de solicitude. 

Noticias relacionadas:

Arranca en Bruxelas o programa de formación en financiamento comunitario que formará a 25 profesionais galegos

A FGE prepara unha xornada práctica sobre a elaboración e xestión de proxectos europeos



Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante