Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Novo marco xurídico para o emprego das linguas cooficias españolas na UE

O 13 de decembro de 2004 o Goberno español solicitou ao Consello da Unión Europea que concedese ás linguas cooficiais en España o estatuto de lingua oficial da UE. A proposta española supoñía a incorporación do galego, éuscaro e catalán/valenciano á lista de linguas oficiais europeas prevista no Regulamento 1/1958 polo que se fixa o réxime lingüístico da Comunidade Económica Europea.

Porén, o Consello, que é a institución competente para definir o réxime lingüístico da UE, non concedeu a devandita oficialidade mais si decidiu institucionalizar o uso destas linguas en tres ámbitos, segundo se recolle nas "Conclusións do Consello relativas ao uso oficial doutras linguas no Consello, e no seu caso, noutras institucións e órganos da Unión Europea", do 13 de xuño de 2005:  

  1. Os cidadáns poderán ter dereito a dirixirse ás institucións e órganos da Unión Europea nunha destas linguas. Así e todo, esta comunicación no será directa senón que se efectuará a través dun organismo intermediario nomeado polas autoridades nacionais.

  2. As institucións poderán permitir o uso destas linguas nas sesións orais. A interpretación será pasiva, o que quere dicir que só se terá dereito a falar en galego e a que a intervención sexa interpretada ás outras linguas oficiais. Logo non se terá dereito a unha interpretación das outras linguas ao galego. Estas intervencións estarán soamente permitidas se son formuladas anteriormente, cun prazo razoable e se existen os medios necesarios para facelo.

  3. Os actos derivados do procedemento de codecisión poderán ser traducidos a estas linguas, mais esta tradución carecerá de valor xurídico.

O Consello autoriza ás institucións europeas a poñer estas disposicións en práctica mediante a sinatura de acordos administrativos entre a institución ou órgano en cuestión coa Administración española.

Estas Conclusións do Consello non xeran dereitos, só autorizan o uso en determinadas circunstancias.

Os gastos directos ou indirectos que provoque ás institucións ou órganos da UE a aplicación dos acordos administrativos correrán a cargo do Estado español.


Condicións de emprego


Outros casos: o irlandés, o maltés e o luxemburgués

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante