Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Outros casos: o irlandés, o maltés e o luxemburgués

Nin as Conclusións do Consello nin os acordos administrativos atribúen o estatuto de lingua oficial da UE ao galego senón que crean un estatuto especial. Linguas oficiais de réxime especial son o irlandés e o maltés.


O maltés e o irlandés: linguas oficiais con derrogacións

Ao momento de entrar na UE, o 1 de maio de 2004, Malta solicitou unha conxelación dos efectos da oficialidade do maltés na UE. Isto produciuse debido a problemas de contratación de persoal que non permitían o cumprimento das obrigas derivadas da aplicación do Regulamento 1/1958. As institucións dispoñerían de tres anos para solucionar o problema de persoal mais estarían obrigados aínda a traducir os documentos daqueles actos decididos polo procedemento de codecisión. En novembro de 2006 o Consello decidiu que a conxelación do estatuto da lingua maltesa remataría en maio de 2007.

Ata xaneiro de 2007, o irlandés pasou de ter un estatuto particular en tanto que “lingua dos Tratados1” (linguas nas que son redactadas os Tratados) a ser lingua oficial da UE e a estar incluída no Regulamento 1/1958 mais cun sistema de derrogacións moi similar ao maltés e que se estenderá ata o 2012.


Un caso aparte: o luxemburgués

O caso do luxemburgués e paradoxal porque sendo lingua oficial e única lingua nacional non é considerada lingua oficial da UE. Isto é así porque no momento da creación da CE o luxemburgués non era lingua oficial do Gran-Ducado. Isto cambiou en 1984, ano en que o luxemburgués, ademais de lingua oficial devén única lingua nacional do país. Mais se Luxemburgo quixese facer do luxemburgués lingua oficial da Unión, o Consello, de seguir o mesmo razoamento que utilizou cando España solicitou a oficialidade do galego, veríase na obriga de rexeitar a proposta por non ser o luxemburgués unha “lingua dos Tratados”. Esta foi a razón xurídica pola que se dixo que non á proposta española de oficializar plenamente o uso do galego mediante a incorporación desta lingua ao Regulamento 1/1958. A única maneira de solucionar isto sería modificar os Tratados constitutivos. Neste sentido sería de interese seguir a evolución do caso luxemburgués no futuro xa que ambos, luxemburgués e galego, sitúanse en circunstancias xurídicas similares, ao non gozar do estatuto de “linguas dos Tratados”.


Novo marco xurídico para o emprego das linguas cooficias españolas na UE


Condicións de emprego


1A lista destas linguas atópase no artigo 314 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea (TCE) e no artigo 53 do Tratado da Unión Europea (TUE)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante