Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Colaboración entre as Oficinas Rexionais Españolas (CORE)

As oficinas de representación das Comunidades Autónomas españolas en Bruxelas acordaron en xullo de 2002, no marco das súas competencias, intensificar as súas relacións dun modo máis estruturado co obxectivo de mellorar os seus sistemas de información e potenciar os seus respectivos recursos.

Este acordo permitiu organizar unha colaboración xa existente na práctica entre as oficinas rexionais españolas dende a súa implantación en Bruxelas que demostrara a súa utilidade ao permitir cooperar en áreas de interese común para todas elas.

A Colaboración entre as Oficinas Rexionais Españolas (CORE) articúlase arredor dunha oficina de coordinación que é a encargada de harmonizar as actividades previstas nun programa de traballo que se elabora ao inicio de cada semestre e que debe ser aprobado polos directores de todas as oficinas.

Así mesmo, creáronse diversos Grupos de Coordinación Técnicos que teñen como misión principal realizar o seguimento e análise de políticas comunitarias ou ámbitos sectoriais concretos e que constitúen o núcleo principal desta colaboración. Para elo, poderán convidar a participar nas súas reunións ás persoas que estimen convenientes como funcionarios das institucións e órganos comunitarios ou aos conselleiros da Representación Permanente de España ante a Unión Europea. Ao fronte de cada grupo encóntrase unha oficina rexional encargada de convocar as súas reunións e fixar a axenda. Actualmente, existen doce grupos de coordinación técnicos (política rexional, futuro de Europa, agricultura, pesca, medio ambiente, transportes, I+D, sociedade da información, relacións exteriores, concorrencia, educación e cultura, emprego e asuntos sociais, e alerta empresarial).

Galicia asumiu no segundo semestre de 2002 a primeira coordinación da CORE, elaborando o primeiro programa de traballo que serviu para poñer en marcha o novo modelo de colaboración.

Igualmente, a oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas coordina dende a súa creación o grupo de cohesión, tendo organizado reunións con destacados membros das institucións europeas como o responsable de política rexional do gabinete do presidente de la Comisión.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante