Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM)

OBXECTIVOS

Nada en 1973 a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) é un organismo independente que se comunica coas Institucións Europeas e Gobernos nacionais para que as necesidades e intereses das súas Rexións membros sexan tidos en conta en todas as políticas que teñen fortes impactos territoriais. En particular, a CRPM insiste na consecución dunha política rexional europea forte destinada a todas as rexións de Europa. Á súa vez busca lograr unha política marítima integrada que poida contribuír ao crecemento económico en Europa.

Actividades principais

A CRPM busca unha forte cohesión territorial no continente Europeo.

Traballa pola promoción dun desenvolvemento máis equilibrado de todas as rexións de Europa e polo incremento da competitividade rexional.

A súa acción concéntrase en todas aquelas políticas que teñen un forte impacto territorial, como os transportes, a agricultura e o desenvolvemento rural, investigación e desenvolvo emprego e inclusión social

Paralelamente, a CRPM traballa pola valorización da dimensión marítima de Europa, subliñando a importancia dunha política marítima integrada, dunha maior rexionalización da Política Pesqueira Común á vez que unha seguridade marítima que responda ao crecente número de trafico sobre os nosos océanos.

Para a CRPM, a promoción do desenvolvemento sustentable e a protección do medio ambiente e da biodiversidade son tamén temáticas prioritarias. Considerando de relevancia crucial as  políticas enerxéticas á vez que a mitigación e adaptación ao cambio climático.

Nun contexto mundializado, a CRPM contribúe ao posicionamento das Rexións no seu contexto próximo e sobre a escena internacional traballando tamén para afirmar o papel das Rexións na Axuda ao desenvolvemento.

Finalmente, a CRPM encárgase de reforzar a participación das Rexións na definición e a aplicación de todas as políticas europeas (gobernanza).


FORMAS DE ACTUACIÓN

A acción da CRPM é á vez operacional e política.

A CRPM tendo en conta os seus 4 modos de actuación é:

- Unha mina de proxectos de cooperación

Como gran rede, ao CRPM favorece a posta en marcha de proxectos de cooperación concretos entre os seus membros. Estimulándoos, encadrándoos e investindo nalgúns deles directamente.

- Un federador de intereses rexionais

Como foro politico, a CRPM axuda á articulación dos intereses comúns das rexións periféricas e marítimas a nivel europeo. Sendo o primeiro corpo en lograr rteunir ás rexións europeas para discusión e debate, adquirindo gran audiencia cos anos.

- Unha fonte activa de proposicións

Dotada de recoñecida experiencia e de acceso privilexiado a informacións, a CRPM propón ás súas rexións miembras e aos seus interlocutores europeos, análises perspicaces sobre os temas tocantes aos seus territorios.

- A voz representativa das rexións

Exercendo presión nos Estados e Institucións Comunitarias, a CRPM asegura a promoción das posicións adoptadas polos seus membros. Velando así, no momento de concepción da lexislación comunitaria a que os intereses das súas Rexións membros sexan tidos en conta.

ORGANIZACION

Estatutos da CRPM

Os estatutos fixan o común das regras de adhesión, de organización e de funcionamento da CRPM

A Asemblea Xeral

Todas as rexións miembras da CRPM se reunen unha vez ao ano en Asemblea Xeral. Esta Asemblea fixa as orientacións e o orzamento da Conferencia.

A Oficina Política

O colexio das Rexións Membros de cada Estado designa no seu seo un representante e un suplente  na Oficina Política. O seu mandato é por 2 anos. A Oficina reúnese 2 veces por ano. Propón as orientacións políticas da Conferencia e executa as decisións da Asemblea Xeral. O Presidente e os Vicepresidentes poden reunirse en ?Colexio Executivo? en caso de necesidade.

O Presidente

Elixido pola Oficina por un mandato de 2 anos e representa a Conferencia.

As Comisións Xeográficas

Buscan facilitar a descentralización e a profundización dos traballos o máis preto da realidade mariña como sexa posible, sendo 6:

-Arco Atlántico

-Balcáns/Mar negro

-Illas

-Intermediterráneo

-Mar Báltico

-Mar do Norte

O Secretariado Xeral

Dirixido polo Secretario Xeral, asegura o funcionamento da Conferencia.

O Tesoureiro

Asistido por un Comité Financeiro

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante