Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Maritime Industries for Blue Growth

A Fundación Galicia Europa apoiou á rexión francesa de Pays de la Loire no lanzamento da rede europea ´Maritime Industries for Blue Growth´, cuxo obxectivo é impulsar unha política europea sólida e integrada, que garanta a viabilidade e a competitividade do sector naval en Europa.

Antecedentes

A Comisión Europea considera que existe unha sobrecapacidade do sector naval comunitario e avoga por reducila. Así mesmo, o actual contexto de crise e a competencia crecente dos novos países emerxentes están a complicar a viabilidade do sector. Esta situación obrigou ás rexións en cuxa economía este sector é estratéxico, como Galicia, a mobilizarse para elaborar unha estratexia de acción común.

Galicia mantivo encontros regulares cos membros da rede en Bruxelas co obxectivo de intercambiar boas prácticas, explorar proxectos e novas iniciativas conxuntas. Ademais, os membros da rede elaboraron un posicionamento común - memorando de entendemento -, que recolle a súa visión de futuro para a política europea relativa ao sector e que foi transmitido ás institucións comunitarias.

Obxectivo

A rede ´Maritime Industries for Blue Growth´ defende o impulso dunha política europea de futuro para o sector naval, para o que considera necesario que a institucións europeas aposten pola súa diversificación e o inclúan no marco das directrices políticas e financeiras da UE para os próximos 10 anos, a estratexia Europa 2020.

Logros

O Parlamento Europeo acolleu o pasado 2 de febreiro a audición pública ´Pensa diferente: novos horizontes para a industria marítima´, organizada conxuntamente pola rexión Pays de la Loire, en colaboración coa presidenta do Intergrupo Mares e Zonas Costeiras do Parlamento, Corine Lepage. Durante a xornada abordáronse cuestións como a innovación no sector naval europeo ou o reforzo da competitividade industrial e o liderado tecnolóxico no sector naval europeo. Así mesmo, o encontro serviu para que as rexións participantes na rede presentasen o memorando de entendemento aos representantes do Parlamento Europeo e da Comisión Europea. No marco da iniciativa ‘Maritime Industries for Blue Growth’, a Fundación Galicia Europa, en colaboración coa Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), organizou unha reunión de clústers europeos do sector naval na que se sentaron as bases para a creación da primeira rede rexional de clústers marítimos europeos.

Composición

Na rede participan as rexións de Galicia e País Vasco (España), Pays de la Loire, Bretaña, Poitou-Charentes, Nord-Pas de Calais (Francia); Liguria, Marche, Campania e a Toscana (Italia); Pomerania (Polonia); Bremen, Mecklenburg-Vorpommern e Hamburgo (Alemaña); e Turku (Finlandia). Ademais, uniuse á iniciativa a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM).

Enlaces

Comunicación da Comisión Europea sobre Potencial Marítimo. Innovación na Economía Azul.

Crecemento azul, Oportunidades para un crecemento mariño e marítimo sustentable

Actualidade

02/02/2012 A Xunta demanda en Bruxelas unha política europea integradora e forte para impulsar a competitividade do sector naval

02/02/2012 Dossier de prensa do encontro no Parlamento Europeo

01/02/2012 A Xunta impulsa en Bruxelas a mellora competitiva do sector naval galego a través da cooperación con outras rexións europeas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante