Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convergence Regions on the Way to Cohesion (CROWC)

Convergence Regions on the Way to Cohesion (CROWC) é unha iniciativa lanzada pola Fundación Galicia Europa para agrupar ás rexións europeas que, ao igual que Galicia, abandonron a partir de 2014 o obxectivo converxencia da UE, un dos tres obxectivos prioritarios da política de cohesión comunitaria. A rede naceu co obxectivo de definir unha estratexia conxunta para a defensa dunha axuda transitoria para o período financeiro 2014-2020.

Antecedentes

A Fundación Galicia Europa lanzou en 2009 a iniciativa CROWC co fin de identificar, reunir e estudar de modo conxunto a situación das rexións europeas, que deixaron de ser obxectivo converxencia en 2014, ao ter aumentado o seu produto interior bruto (PIB) per cápita por riba do 75% da media da UE.

Son 18 as rexións que abandonaron o obxectivo converxencia no anterior periodo financieiro: Brandenburg-Nordost, Meckenlburg-Vorpmmern, Chemnitz, Dresden, Sachsen-Alhalt e Thuringen (Alemania), Zahodna Slovenija (Eslovenia), Andalucía, Castilla La-Mancha e Galicia (España), Martinique (Francia), Ionia Nisia, Peloponnisos e Kriti (Grecia), Malta, Mazowieckie (Polonia), Bucuresti-Ilfov (Rumanía) e Cornwall/Isles of Scilly (Reino Unido).

O importante desenvolvemento acadado por estas rexións como resultado dunha boa execución dos fondos estruturais, permitiulles superar a barreira do 75% do PIB medio per cápita da UE. Isto implicou a súa saída do obxectivo converxencia dende 2014 o que significou unha redución drástica dos fondos recibidos ate o de agora. Esta violenta diminución implicaría graves danos na economía destas rexións e poñería en risco os importantes investimentos realizados.

Obxectivo

Ante a previsión de profundos recortes, Galicia convocou ás rexións afectadas co obxectivo de crear unha estrutura común en Bruxelas que lles permitise transmitir as súas opinións e facer achegas sobre o futuro da política rexional comunitaria a partir de 2014.

Neste contexto e desde 2009, Galicia ten defendido ante as institucións europeas a articulación a partir de 2014 dunha axuda transitoria para as rexións que abandonen por primeira vez o obxectivo converxencia, que se corresponda cos dous terzos da contía que percibe na actualidade. O obxectivo principal desta medida é consolidar os avances experimentados ata este momento e frear a posibilidade de eventuais retrocesos.

Logros

A través da iniciativa CROWC, liderada por Galicia en Bruxelas, conseguiuse que a Comisión Europea inclúa no marco financeiro 2014-2020, unha “rede de seguridade” para as rexións que abandonan por primeira vez o obxectivo converxencia, como é o caso de Galicia. A Comisión Europea propón que estas rexións reciban unha dotación correspondente aos dous terzos de parte da contía que percibían no anterior período 2007-2013 en concepto de fondos estruturais.

 

Actualidade

19/12/2011 A Fundación Galicia Europa reforzará en 2012 o seu traballo para que Galicia siga recibindo axudas da UE no próximo período

19/10/2011 A Xunta explica á Presidencia polaca da UE a súa posición cara ao futuro das axudas europeas

14/10/2011 Galicia participa na Semana Europea das Rexións e das Cidades - Open Days 2011

13/10/2011 A Comisión Europea confirma á Xunta o seu apoio a que Galicia reciba fondos europeos ate o ano 2020

10/10/2011 A Fundación Galicia Europa considera positivo que a Comisión Europea propoña dous terzos das axudas para Galicia a partir de 2014

21/09/2011 Jesús Gamallo defende no Parlamento Europeo o mantemento de dous terzos das axudas de cohesión para Galicia no marco financeiro 2014-2020

05/08/2011 A Xunta de Galicia contribuíu a que a Comisión Europea considere a axuda transitoria que recibirían rexións coma Galicia

01/07/2011 A Fundación Galicia Europa amosa a súa satisfacción pola proposta da Comisión Europea de conceder a partir de 2014 dous terzos da axuda actual para as rexións que abandonarán o obxectivo converxencia

16/06/2011 A Xunta insiste na necesidade de acadar unha posición común co Goberno central para conseguir unha axuda transitoria da UE a partir de 2014

09/05/2011 A Xunta reitera a necesidade de que Galicia siga recibindo fondos da UE máis alá de 2013 para acadar a converxencia real

03/02/2011 O director xeral de Exteriores e coa UE reclama en Bruxelas unha rede de seguridade para garantir un apoio financeiro substancial para Galicia despois de 2013

01/02/2011 Fernández Currás pide en Bruxelas un trato especial transitorio para rexións que como Galicia deixan a converxencia por vez primeira en 2014

26/01/2011 Feijóo proporá unha “fronte común” aos gobernos de Andalucía e Castela a Mancha para defender conxuntamente unha axuda transitoria no próximo presuposto comunitario

17/12/2010 A Fundación Galicia Europa centrará os seus esforzos durante o próximo ano na consecución dunha axuda transitoria da UE a partir de 2014

15/11/2010 Feijóo transmite a Almunia a necesidade de que Galicia manteña “unha porcentaxe de fondos importante” no novo presuposto comunitario

06/10/2010 Jesús Gamallo amósase en Bruxelas optimista pola posible chegada da axuda transitoria para Galicia a partir de 2013

05/10/2010 Jesús Gamallo reúnese en Bruxelas con tres vicepresidentes de rexións francesas para debater sobre o futuro da Política de Cohesión europea

04/10/2010 O futuro dos fondos europeos e a cooperación territorial centran a participación galega nos Open Days

25/06/2010 Jesús Gamallo defende en Xaén a continuidade dos fondos europeos para Galicia

15/04/2010 O Comité das Rexións aproba un ditame que recolle a proposta galega de que a UE siga asignando fondos a Galicia despois de 2013

08/10/2009 Feijóo: “Todos os asuntos que preocupan a Galicia son agora coñecidos en Europa”

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante