Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A UE propón que o período de transición do Brexit remate o 31 de decembro de 2020

O negociador xefe da UE, Michel Barnier, presenta a proposta da Comisión Europea sobre o período de transición polo Brexit. © Unión Europea

Bruxelas, 20 de decembro de 2017A UE propuxo hoxe que o período de transición do Brexit acabe o 31 de decembro de 2020, máis dun ano e medio despois de que formalmente se oficialice a saída de Reino Unido, que está prevista para o 29 de marzo de 2019, segundo as recomendacións dos Estados membros. O negociador xefe da Unión, Michel Barnier, asegurou que o período de transición solicitado por Reino Unido unha vez que abandone o club comunitario en 2019 deberá concluír o último día de 2020, ao mesmo tempo que o actual marco financeiro plurianual. ”Desde o noso punto de vista, e é o punto de vista da Comisión Europea, o termo lóxico deste período debería ser o 31 de decembro de 2020, que é cando termina o marco financeiro plurianual”, afirmou o político francés durante unha rolda de prensa.

Barnier precisou que a transición debe ser ”curta e específica”. O período entre a formalización definitiva do Brexit e a nova relación entre ambas partes, por tanto, será dun ano e nove meses, algo menos dos dous anos aos que se referiu o pasado setembro a primeira ministra británica, Theresa May, que quería que a nova relación comezase o 29 de marzo de 2021.

Ligazón á nova

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante