Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A factura de Reino Unido coa UE marcará o arranque do ‘Brexit’

Bruxelas, 21 de marzo de 2017. O Brexit, a través da invocación do artigo 50 do TUE, iniciarase o próximo 29 de marzo. As directrices da Unión Europea nese proceso coñeceranse só 48 horas despois de que a primeira ministra británica, Theresa May, envíe a súa notificación a Bruxelas. A aprobación formal, con todo, requirirá algo máis de tempo. A UE pretende iniciar a discusión cos dous asuntos máis espiñentos do divorcio: a factura que debe Reino Unido por compromisos financeiros de longo prazo adquiridos cos seus socios comunitarios e os dereitos dos cidadáns comunitarios en Reino Unido e os dos británicos en chan europeo.

Dous días despois de recibir a carta, o Consello Europeo —representa aos Estados membros— enviará aos países as chamadas directrices de negociación con Reino Unido, segundo confirmou este luns o presidente do Consello, Donald Tusk. Os xefes de Estado e de Goberno deberán apoialas formalmente nun cumio a 27 (sen Londres) que se está preparando para a primeira semana de maio.

A partir de aí, a Comisión lanzará “inmediatamente”, segundo o seu portavoz, un mandato máis detallado de diálogo que os xefes de Estado e de Goberno deberán referendar. Entón será o Executivo comunitario —a través da persoa que elixiu para esta tarefa, Michel Barnier— quen leve a voz cantante no proceso de divorcio, aínda que os Estados supervisarán permanentemente as discusións. Esa fase iniciarase, como pronto, a finais de maio.

Enlace á nova

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante