Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Reino Unido activará o proceso do Brexit coa UE o 29 de marzo

A primeira ministra británica, Theresa May, durante a súa última visita á Comisión Europea. © Unión Europea

Bruxelas, 20 de marzo de 2017. Xa hai data para o inicio oficial das negociacións do Brexit. Theresa May activará o artigo 50 do Tratado de Lisboa o vindeiro mércores 29 de marzo. Así o anunciou hoxe o embaixador de Reino Unido ante a Unión Europea, Tim Barrow, segundo confirmou un portavoz da primeira ministra británica. O representante británico notificouno formalmente ao presidente do Consello Europeo, Donald Tusk.

Ese será o día en que Londres -nove meses despois de que os británicos votasen polo Brexit (51,9% fronte a 48,1%)- comunicará por carta ao Consello Europeo a súa intención de abandonar a UE. Theresa May apuraría así case ata o máximo o prazo no que se comprometeu a iniciar o proceso -sempre dixo que o faría “antes do final de marzo”- e evitaría facelo coincidir coas celebracións do 60 aniversario do Tratado de Roma o 25 deste mes. A primeira ministra podería utilizar ese mesmo mércores a súa comparecencia semanal na Cámara dos Comúns, na sesión de preguntas á primeira ministra, para comunicar ao Parlamento a activación do proceso, tal como comprometeuse a facer.

Enlace á nova

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante