Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

A Cámara dos Lores do Parlamento británico aproba a Lei do Brexit para a saída de Reino Unido da UE

A primeira ministra británica, Theresa May, na súa última reunión con Juncker. © Unión Europea

Bruxelas, 14 de marzo de 2017. A Cámara dos Lores británica aprobou este luns a Lei do Brexit, co que abre o camiño para que o goberno de Londres active o Artigo 50 do Tratado de Lisboa co fin de que Reino Unido abandone a Unión Europea (UE).

Os lores aprobaran dúas emendas a esa Lei para que se asegurasen os dereitos dos cidadáns da UE que residen en chan británico e para que o Parlamento tivese a última palabra para aprobar ou rexeitar o acordo de saída de Reino Unido do bloque comunitario, pero estas foron rexeitadas pola maioría da Cámara dos Comúns.

Tras o voto na Cámara dos Comúns, os lores deron este luns o seu visto e prace á Lei do Brexit sen os cambios que aprobaran hai uns días. Espérase que o proxecto lexislativo obteña a aprobación da Raíña Isabel II este martes e así se converta en lei. Isto permitirá que a primeira ministra, Theresa May, poida invocar o artigo 50 do Tratado de Lisboa, co que se comunicará de maneira oficial a Bruxelas a vontade de Reino Unido de abandonar a UE.

Fontes do goberno sinalaron que a activación do Brexit probablemente non vai ocorrer esta semana e que May esperará ata finais deste mes para facer a notificación, dando así inicio a un proceso de dous anos.

Enlace á nova

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante