Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades xaneiro - febreiro 2016

Nestes dous primeiros meses do ano destacan a visita da conselleira de Medio Rural a Bruxelas para abordar cos responsables comunitarios o problema do sector lácteo; a primeira sesión plenaria do ano do Comité das Rexións na que os representantes rexionais e locais puideron debater co presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, sobre a crise dos refuxiados e o BREXIT; o traballo no seo da Rede Europea de Rexións afectadas polo Cambio Demográfico para expoñer o Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, e o proceso de avaliación iniciado co resto das CCAA para avaliar e mellorar a participación autonómica no Consello da UE despois dunha década de funcionamento.

A perspectiva local tivo un papel destacado nestes meses coa celebración en Santiago dunha xornada para celebrar o tríxesimo aniversario de pertenza de España á Unión Europea, que congregou representantes dos municipios galegos, e a visita de 20 alcaldes que visitaron a sede da FGE en Bruxelas para coñecer o papel das oficinas de representación rexional na capital comunitaria.

Por último, a FGE atendeu un total de cinco consultas en relación coas posibilidades de financiamento comunitario e coas oportunidades de traballo e prácticas, e integrou no seu equipo a seis novos bolseiros para formarse durante 11 meses nas súas oficinas de Santiago e Bruxelas.


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante