Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades novembro - decembro 2015

Cómpre destacar nestes dous meses a visita dos conselleiros de Política Social e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar no Consello de Ministros da UE. Galicia asumiu en xullo a representación das CCAA na formación de Educación, Cultura e Xuventude desta institución. Tras a participación técnica nos grupos de traballo correspondentes dende entón, os conselleiros responsables destas áreas, Jose Manuel Rey Varela –por parte de xuventude- e Román Rodríguez, por parte de educación e cultura, participaron, como parte da delegación española, na única reunión ministerial celebrada baixo Presidencia luxemburguesa.

A FGE organizou en novembro en colaboración coas Cámaras de Comercio de Galicia en Santiago, Vigo e A Coruña tres cursos de formación para dar a coñecer a empresas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais galegas as oportunidades que a UE ofrece ás pemes.

Tamén no mes de novembro convocáronse as bolsas FGE en asuntos europeos para o ano 2016 polas que cinco titulados universitarios e un técnico de Formación Profesional realizarán estadías de xaneiro a decembro de 2016 nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas.


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante