Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades setembro - outubro 2015

Cómpre destacar nestes dous meses a visita de 25 profesionais galegos que se formaron durante catro días na oficina da FGE en Bruxelas en temas de financiamento comunitario grazas a un programa posto en marcha pola FGE para impulsar unha rede de xestores de proxectos europeos, que baixo o nome TecEuropa e a través de LinkedIn xa está creando sinerxias.

A principios de outubro, Galicia participou un ano máis na Semana Europea das Rexións e as Cidades grazas ao apoio da FGE, que dende o mes de marzo organizou a presenza de Galicia en dous seminarios, un sobre cambio demográfico e outro sobre integración rural e urbana. Esa mesma semana, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo,  participou na sesión plenaria do Comité das Rexións para defender o ditame sobre o futuro da acuicultura europea do que foi relator e que finalmente foi aprobado por unanimidade.

En Santiago a FGE organizou xunto á EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza un seminario sobre as oportunidades de financiamento da UE para ONG de acción social, participou nun foro sobre oportunidades de traballo e prácticas para mozos no ámbito internacional e acolleu a presentación dun proxecto europeo sobre emprendemento entre os máis novos. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante