Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades xuño - xullo 2015

Cómpre destacar no mes de xullo a visita do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, que viaxou a Bruxelas acompañado polos directores do IGAPE e da Axencia Galega de Innovación. Durante a súa estancia, o conselleiro asinou a adhesión de Galicia á Vanguard Initiative, unha rede para impulsar proxectos de innovación industrial e presentou o programa de excelencia científica Oportunius, ademais de manter varias reunións con representantes das institucións europeas en materia de enerxía e innovación. En xullo, a directora xeral de Emprego e Formación desprazouse a Bruxelas para participar no Grupo de Asuntos Sociais do Consello da UE.

O membro suplente de Galicia e director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo,  participou en xuño e xullo nas sesións plenarias do Comité das Rexións onde se aprobaron 8 ditames e varias resolucións sobre o funcionamento da Unión Europea e a migración, entre outros temas. Nunha reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) celebrada en Gaia, Portugal, aprobouse o proxecto de ditame sobre o futuro da acuicultura do que Jesús Gamallo é relator.

En Santiago celebrouse en xuño a reunión do Padroado da FGE, que serviu para facer balance dos fitos máis importantes de 2014 e das actividades en marcha neste primeiro semestre de 2015. En liña co seu obxectivo de apoio á participación galega en proxectos europeos, a finais de xuño a FGE publicou unha convocatoria para un programa de especialización en materia de financiamento comunitario que se celebrará en setembro en Bruxelas. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante