Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades maio 2015

Cómpre destacar neste mes a reunión de Comisión Recursos Naturais do Comité das Rexións na que o membro suplente en representación de Galicia, Jesús Gamallo, presentou un documento previo ao ditame sobre o futuro da acuicultura do que é relator. Os representantes locais e rexionais membros desta comisión, ademais dun alto funcionario da Comisión Europea e varios representantes de asociacións de produtores e mariscadores, debateron sobre este documento,  achegando as súas contribucións de cara a elaboración do proxecto de ditame que será debatido no mes de xuño.

Por outro lado, con motivo do día de Europa, a FGE organizou un debate de exhibición sobre o proxecto europeo, no que 10 estudantes pertencentes ao Club de Debate da Universidade de Santiago de  Compostela debateron a favor e en contra da pregunta “É esta a Europa que queremos?”, abordando así dende diferentes perspectivas os retos aos que se vén enfrontando a UE nos últimos anos. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante