Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades marzo 2015

Cómpre destacar neste mes a atribución a Galicia dun ditame sobre o futuro da acuicultura europea no Comité das Rexións, co que se pretende impulsar este sector a nivel europeo a partir da experiencia galega. A FGE está a prestar apoio á Xunta de Galicia na elaboración e negociación deste ditame ata a súa aprobación definitiva prevista para o mes de outubro.

A FGE tamén asistiu á Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal na reunión anual da plataforma que agrupa as AECT europeas en Bruxelas, na que explicou as accións que está a desenvolver para fomentar a mobilidade e o emprego transfronteirizo.

Por outro lado, a FGE participou en máis dunha vintena de reunións e seminarios en Bruxelas co obxectivo de facer un seguimento dos asuntos de actualidade comunitaria: dende a posta en marcha do novo Fondo Europeo de Axuda aos Máis Necesitados ata as negociacións do tratado de libre comercio con EEUU, pasando pola revisión das directivas de protección de medio ambiente e a posta en marcha dunha plataforma de aprendizaxe mutuo entre xestores de fondos estruturais, entre outros.

En Galicia, representantes da FGE participaron nunha xornada celebrada na Deputación de Pontevedra sobre formación e emprego na Estratexia Europa 2020 explicando os programas de financiamento comunitario existentes neste eido, ademais de responder a varias consultas e publicar no portal web 12 convocatorias e tres procuras de socios para a presentación de proxectos europeos. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante