Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades febreiro 2015

Cómpre destacar neste mes a visita do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas para establecer un primeiro contacto con varios comisarios e tratar cuestións que atanguen especificamente a Galicia como a programación dos fondos estruturais 14-20 e a defensa das artes de  pesca utilizadas en Galicia.

Este mes tamén se celebrou a sesión plenaria constitutiva do novo mandato do Comité das Rexións para os próximos cinco anos (2015-2020), no que se elixiu ao novo presidente e vicepresidente, e renovaron os seus cargos os membros titular e suplente de Galicia. Por último, co comezo deste novo mandato, Galicia participou na primeira reunión da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) onde se se apoiou a nova axenda internacional de loita contra a pobreza con motivo do Ano Europeo de Desenvolvemento 2015. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante