Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades decembro-xaneiro 2015

Cómpre destacar nestes dous meses a celebración da reunión anual do padroado da FGE onde o vicepresidente da Xunta e da FGE, Alfonso Rueda, fixo balance do labor da FGE en 2014 que estivo centrado na formación de entidades locais e pemes en materia de financiamento comunitario. De cara ao novo período e co cambio de ciclo nas institucións da UE, a FGE tratará de exercer como ponte entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia e a nova Comisión Europea, apoiando aos sectores prioritarios para Galicia como a agricultura e a pesca, o automóbil, ou o naval

Así mesmo, a FGE organizou xunto co Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) o seminario “O financiamento europeo para pemes: balance e perspectivas de futuro” no que se presentaron as diferentes posibilidades de financiamento que se ofrecen co novo período comunitario 2014-2020. No seminario tamén se informou sobre programas que se xestionan dende Bruxelas e que van dirixidos ás empresas máis innovadoras. En liña coa temática do seminario, presentouse a “Guía de Financiamento Comunitario 2014-2020” elaborada conxuntamente pola FGE e o CZFV.

Por último, na súa aposta pola formación a FGE concedeu seis bolsas para facer prácticas nas oficinas da FGE en Santiago de Compostela e Bruxelas. Máis de 150 titulados superiores e de formación profesional presentáronse este ano á convocatoria de bolsas da FGE. 


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante