Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Informe mensual de actividades novembro 2014

Cómpre destacar neste mes a celebración dos actos de peche do proxecto “Dimensión europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”, posto en marcha pola FGE co apoio da Representación da Comisión Europea en España. Estes seminarios, celebrados en centros de Formación Profesional das catro provincias galegas, estiveron centrados na mellora da empregabilidade dos estudantes deste tipo de formación regrada, achegándolles as posibilidades que pon a UE á súa disposición para gozar de experiencias no estranxeiro e impulsar o emprendemento.

Así mesmo, a FGE remitiu á Comisión Europea, en representación doutras 13 rexións pertencentes á Rede Europea de Rexións con Desafíos Demográficos, unha contribución conxunta á consulta pública da revisión intermedia da Estratexia Europa 2020. Na liña do traballo desenvolvido en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar nos últimos anos, o documento chama a atención sobre a necesidade de abordar cuestións de urxencia para determinadas áreas da UE como o despoboamento ou o envellecemento da poboación dende unha perspectiva comunitaria.

Por último, a FGE publicou a comezos de mes unha nova convocatoria das súas bolsas en asuntos europeos para licenciados e titulados de Formación Profesional, que permitirán que seis mozos galegos gocen dunha estadía formativa nas oficinas de Santiago e Bruxelas desde xaneiro do vindeiro ano.


Documentos para descarga

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante