Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

2 a 5 de outubro (Eurocidade Chaves-Verín). Curso de Impulsores de Oportunidades.

A Fundación Galicia Europa convoca o curso “Impulsores de oportunidades - Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo”, que terá lugar entre os días 2 e 5 de outubro de 2018 no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín.

O curso ofrece unha formación práctico-teórica sobre desenvolvemento turístico e patrimonio cultural. Tras a elaboración e promoción de distintas rutas e paquetes turísticos, chega o momento da súa implementación e aproveitamento polo sector privado. Todo o traballo dos últimos anos é un nicho de mercado e de futuro para a mocidade emprendedora. Unha oportunidade para a creación de empresas, para conseguir un emprego, para labrarse un futuro na Eurocidade. 

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP). Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT  Eurociudad Chaves-Verín, sendo os outros socios do proxecto  Eurocidade_2020, FNAJ – Federação Nacional de Associações Juvenis, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto  Português da Juventude e do Desporto, Concello de Verín e o Municipio de Chaves.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante