A Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, en colaboración con outras rexións europeas, organizan dentro da Semana Europea das Rexións e as Cidades - Open Days 2012 un side event sobre o papel das macrorrexións no próximo período financiero. Este seminario ten como obxectivo identificar e promover o coñecemento rexional basado na colaboración macrorrexional como un instrumento para reducir a fragmentación e a duplicación. O debate centrarase na importancia das estratexias macrorrexionais e o papel das non formais. Tamén se tratará de dar unha resposta aos intereses que poderían levar a unha rexión a unirse ou nou a este tipo de estrutura.
Lugar: Fundación Galicia Europa, Rue de la Loi, 38. Bruxelas.
Inscricións antes do 5 de outubro na páxina web do evento.
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web