A Xunta de Galicia, co apoio da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, organiza o seminario "A cultura como motor de desenvolvemento económico, rexional e local", que reflicte a importancia da cultura para impulsar o desenvolvemento rexional e a cidadanía europea. No seminario amosaranse varios casos de éxito como o "efecto Bilbao", Manufaktura Lodz (Polonia), o Bozar de Bruxelas (Bélxica) e a Cidade da Cultura de Santiago.
Ao finalizar o seminario terá lugar, tamén no CdR, a inauguración duhna exposición fotográfica sobre a Cidade da Cultura. Posteriormente, a exposición trasladarase á sede da Fundación Galicia Europa onde poderá ser visitada ata o vindeiro 10 de xuño, de luns a venres de 09:00 a 17:00
© Fundación Galicia Europa
Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Compatibilidade da web