Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para prácticas non remuneradas nunha institución da Unión Europea (2010)

Obxecto

Convócanse dezaoito mensualidades de bolsa para financiar períodos de prácticas non remunerados nas institucións comunitarias durante o ano 2010.


Datas

O desfrute das mensualidades deberá ter lugar ó longo do ano 2010.


Lugar

Dada a natureza das bolsas, estas poderán disfrutarse no lugar da sede da institución de que se trate. Aos efectos da presente convocatoria de bolsas entenderase por “institucións” as definidas como tales nos artigos 189 e seguintes da parte quinta do Tratado Constitutivo da CE e as axencias ou delegacións exteriores destas Institucións e Organismos.

Exclúense desta convocatoria as entidades que aínda que conten con calquera tipo de financiamento europeo para o seu funcionamento non dependan orgánica, funcional ou laboralmente das Institucións antes mencionadas.


Requisitos

  • Posuír o compromiso escrito da correspondente Institución da Unión Europea (no senso anteriormente descrito) no que se acepte a solicitude do candidate para a realización dunha estancia non remunerada.
  • Posuír a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
  • Ter nado en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2007.
  • Non ter gozado, en convocatorias anteriores, de cinco mensualidades de bolsa para as mesmas prácticas non remuneradas.

Duración

Financiaranse un máximo de cinco meses para cada período de prácticas.


Contía

A contía da bolsa será de 900 euros por mes en concepto de aloxamento e manutención. Os gastos de transporte e seguros correrán por conta dos adxudicatarios da bolsa.


Remanentes

No caso de non ser adxudicadas todas as mensualidades e resulte un remanente como consecuencia de non esgotarse o orzamento previsto, este poderá utilizarse para financiar mensualidades adicionais en favor daqueles que xa obtiveron unha bolsa desta modalidade, a condición de que non se supere o período máximo de financiamento por estadía, ou en favor de novos solicitantes.

Aquelas persoas que superen o proceso de preselección para realizar un período de prácticas na Comisión Europea, é dicir, que se atopen inscritos no Libro Azul Virtual e non sexan seleccionados finalmente, poderán solicitar bolsas de dous meses nas oficinas da Fundación Galicia Europa ou nalgún dos puntos da Rede de Información da Unión Europea en Galicia, a condición de que o remanente non se esgotase cos supostos anteriores.

No suposto de non concederse todas as axudas, o remanente orzamentario existente poderá ser incorporado a calquera das modalidades do programa de actuacións que, con carácter xeral, convoca a Fundación Galicia Europa.


Presentación de solicitudes

As solicitudes serán remitidas por correo certificado con acuse de recibo ou presentadas no rexistro da Fundación Galicia Europa (R/ Feáns, 3C baixo 15706 – Santiago de Compostela, ou Rue de la Loi 38, 2º 1040 Bruxelles), antes do 31 de outubro de 2010.

Xunto coa solicitude da bolsa, segundo o modelo do anexo I, deberá presentarse currículo vitae e copias do expediente académico e da restante documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos.


Selección

A resolución destas bolsas realizarase de forma inmediata segundo a orde de recepción de solicitudes ata esgotar o crédito orzamentado. A adxudicación das mesmas efectuarase tendo en conta os méritos acreditados, a proposta de prácticas ofrecidas ao solicitante e se o mesmo ten desfrutado anteriormente destas bolsas.


Convocatoria

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante