Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Bolsas para a realización de estudos de especialización sobre a Unión Europea en centros universitarios situados en Bélxica

Obxecto

A Fundación Galicia Europa convoca catro bolsas para a realización de estudos de especialización sobre a Unión Europea durante o curso académico 2010-2011 nos seguintes centros:

  • 1 bolsa para o Colexio de Europa.
  • 3 bolsas para a Universidade Libre de Bruxelas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina- A Nova (UCL) e a Universidade Católica de Lovaina (KUL).

Requisitos

  1. Ter realizados estudos universitários completos de segundo ciclo, obtendo o título nos últimos cinco anos (contado desde a data de publicación deste anuncio). Porén, poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que, atopándose no último ano de carreira, poidan acreditar, con anterioridade á aceptación desta, estar en posesión do título que lles capacite para iso.
  2. Dispor dun bo expediente académico. A súa avaliación será realizada polo centro universitario elixido polo candidato e pola Fundación Galicia Europa. En caso de titulacións universitarias obtidas en universidades estranxeiras, deberá achegarse a correspondente homologación. Acreditación de dominio da lingua ou linguas nas que serán impartidas as materias polo centro de estudos.
  3. Acreditación de dominio da lingua ou linguas nas que serán impartidas as materias polo centro de estudos.
  4. Posuír a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
  5. Ter nado en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2007.

Importe e aboamento das bolsas

  • Colexio de Europa: 26.000€
  • Universidade Libre de Bruxelas, Universidade Católica de Lovaina - A Nova e Universidade Católica de Lovaina: 13.000€.

Data límite de presentación das solicitudes

  • Colexio de Europa: 28 de febreiro de 2010.
  • Universidade de Bruxelas, Universidade Católica de Lovaina- A Nova, Universidade Católica de Lovaina: 28 de febreiro de 2010.

Convocatoria e solicitude

Resolución da bolsa para cursar estudos no Colexio de Europa

Resolución das bolsas para a Universidade Libre de Bruxelas e a Universidade Católica de Lovaina

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante