Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/06/2021

A Xunta inaugura a primeira edición destinada ás empresas do programa de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

5349F_1623157632_TecEuropa.jpeg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou a 13ª edición do curso “TecEuropa”, ante un amplo número de profesionais provenientes de entidades privadas galegas
  • Ao longo de cinco sesións, os asistentes poderán profundar en todos os aspectos relativos ao Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, ao novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE” e ás políticas comunitarias máis relevantes para eles, como a Estratexia europea para pemes
  • Esta da edición de TecEuropa contará, ademais, coa participación da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do Instituto Galego de promoción económica, que exporán as súas diferentes liñas de apoio ás pemes
Bruxelas, 8 de xuño de 2021. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe a primeira edición do curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, organizado pola Fundación Galicia Europa, para entidades privadas galegas, como empresas, clústeres, cámaras de comercio ou entidades de apoio empresarial.

Durante a súa intervención, Jesús Gamallo puxo en valor esta formación, de cara a axudar ás pequenas e medianas empresas galegas a coñecer mellor a lóxica da intervención da UE a través dos programas de financiamento dispoñibles. Unhas empresas, que como recordou constitúen a espiña dorsal da nosa economía, xa que representan o 99% do tecido empresarial comunitario, xeran máis da metade do seu produto interior bruto e empregan a, aproximadamente, uns 100 millóns de traballadores na Unión.

Tras a súa intervención e ao longo das próximas catro sesións que compoñen este programa formativo, moderado pola directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, os asistentes poderán profundar, da man de especialistas e de representantes comunitarios, no Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, o novo instrumento temporal de recuperación “Next Generation UE” e as políticas comunitarias máis relevantes para eles, como a Estratexia europea para pemes.

Ademais, o curso contará coa participación da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que informará aos participantes sobre o seu programa de apoio á innovación das pemes, e do Instituto Galego de promoción Económica (IGAPE), que presentará as súas liñas de apoio a empresas de cara á tramitación de proxectos que opten ao financiamento do instrumento de recuperación “Next Generation UE”.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de 12 edicións á formación de máis de 400 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante