Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/11/2020

Aberto o prazo de inscrición para o curso ”A Unión Europea e o turismo sostible”

5197F_1606136330_Turismo_II_GAL__1_.jpg
  • Debido á alta demanda, a Fundación Galicia Europa convoca unha nova edición do curso "Unión Europea e turismo sostible”, que dará comezo o 30 de novembro de 2020, á marxe do proxecto LIDERA
  • O prazo de inscrición está aberto ata completar aforo.
Santiago de Compostela, 19 de novembro do 2020. Do 30 novembro ao 4 decembro 2020, a Fundación Galicia Europa organiza o curso de formación online ”A Unión Europea e o turismo sostible (empresas turísticas e liñas de financiamento europeas)”, co obxectivo estimular a competitividade e o emprendemento do sector turístico a través da formación en novas técnicas e competencias, para a súa adaptación ás novas tecnoloxías, ferramentas de servizos e deseños que se poidan integrar no seu traballo cotián.

Unha das finalidades desta formación é mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas, mediante a realización de actividades de titorización e asesoramento individualizado, formación personalizada, e coaching persoal tanto ao longo do curso como posteriormente. Ademais, os asistentes recibirán información sobre a normativa comunitaria e as liñas de financiamento existentes na UE, destinadas ao apoio de novas competencias no sector.

Esta actividade vai dirixida á todas aquelas persoas interesadas na adquisición de competencias relacionadas co turismo sostible. O curso ten un aforo limitado a 50 prazas, priorizándose únicamente a orde de inscrición. 

Accede ao formulario de inscrición




Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante