Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/04/2020

Nova sección dedicada á resposta europea á crise do coronavirus no sitio web da FGE

4895F_1588247254_CCCCCCC.png Bruxelas, 20 de abril de 2020. Dende mediados de marzo, a FGE está a facer un estreito seguimento da actuación da UE nesta crise sen precedentes publicando noticias e elaborando un boletín diario informativo. Para facilitar o acceso a toda esta información,  vén de crear unha nova sección, accesible dende a portada, onde se resume a acción da UE agrupada en catro ámbitos: 
Deste modo, a FGE pretende explicar á sociedade galega como a UE ten mobilizado todos os medios ao seu alcance en resposta a esta pandemia: dende a restrición temporal da entrada de viaxeiros á UE ata a compra conxunta, almacenamento e distribución de material médico, pasando pola cofinanciación de vós de repatriación ou a flexibilización das normas de fabricación de certos productos como mascarillas ou louvas, de cara a aumentar as capacidades de producción europea. 

Ademais, explícanse as diferentes canles utilizadas para afrontar as consecuencias socioeconómicas. A UE está a botar man de cada recuncho do actual orzamento comunitario, malia representar un exiguo 1% da riqueza europea. En moi poco tempo foi capaz de modificar regulamentos, idear novos instrumentos de axuda e reorientar todo tipo de partidas. Xunto coa actuación do Banco Central Europeo, que fixo unha importante inxección de liquidez, e o Banco Europeo de Investimentos, que reforza o seu apoio ao sector financeiro para que o financiamiento chegue ás empresas, a UE calcula que a súa resposta podería chegar aos tres billóns de euros. 

Por último, grazas ao traballo desenvolvido nos últimos anos para avanzar cara o chamado ”Espazo Europeo de Investigación”, a UE está hoxe mellor posicionada para o desenvolvemento de vacinas, tratamentos e diagnósticos. Actualmente cofinancia 18 proxectos de investigación neste eido e existe un plan de acción que facilita o intercambio dos datos e resultados das diferentes liñas de investigación,  a creación dunha rede europea de ensayos clínicos COVID-19 e o acceso ás principais infraestruturas europeas de investigación.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante