Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/05/2019

A Fundación Galicia Europa felicita aos gañadores do seu concurso en redes sociais “Galicia Vota na UE”

Finaliza o concurso en redes sociais da FGE, Galicia Vota na UE jpg • Os vencedores foron seleccionados cada un nunha categoría do certame segundo a súa participación, a viralidade alcanzada pola súa mensaxe e a orixinalidade dos seus contidos.

Bruxelas, 9 de maio de 2019. Esta mañá, coincidindo coa celebración do Día de Europa, a Fundación Galicia Europa deu a coñecer os vencedores do seu concurso en redes sociais “Galicia Vota na UE” para incentivar o voto entre a sociedade galega en xeral, e a mocidade en particular, de cara as vindeiras eleccións europeas do 26 de maio. A iniciativa, encadrada na campaña do Parlamento Europeo “Esta vez voto” de loita contra a abstención e promoción da participación nos comicios europeos, logrou poñer en valor a influencia dos valores, dos proxectos e da labor política e social da UE no desenvolvemento de Galicia, a través das mensaxes compartidas en redes sociais polas galegas e galegos que participaron activamente no certame.

De entre máis de 50 participantes que aportaron as súas razóns para acudir ás urnas o 26  de maio, e tras case tres meses de actividade na rede desde o lanzamento do concurso o pasado 18 de febreiro, estes foron os gañadores finais en cada unha das categorías do concurso “Galicia Vota na UE”:

• Na categoría de ´Mensaxe máis compartida´, Alba Freire Patiño gañou cunha interesante reflexión na súa conta de Facebook sobre a importancia do voto nas vindeiras eleccións europeas do 26 de maio:  https://bit.ly/2vMMm9K

• Na categoría de ´Participante máis activo´, Alberto Escobar Rivas impúxose cunha treintena de publicacións en Twitter onde facía unha interesante retrospectiva das eleccións europeas anteriores mediante unha recompilación de antigos carteis electorais: https://bit.ly/2H8nvDL

• Por último, na categoría de ´Contido máis elaborado e orixinal´, Ana Isabel Ferradáns Blanco impúxose ao resto de participantes tras compartir 30 publicacións en Twitter, a modo de breves pílulas informativas, sobre a importancia das políticas públicas da UE en Galicia en xeral, e no Concello de A Estrada en particular. Velaquí un exemplo da súa creatividade: https://bit.ly/2H8pRCB

A Fundación Galicia Europa felicita aos vencedores pola súa proactividade e esforzo á hora de concienciar e mobilizar a cidadanía galega para votar nas próximas eleccións europeas, agradecendo ao mesmo tempo, a implicación do resto de participantes nesta iniciativa en redes sociais.

Fundación Galicia Europa 
Este concurso en redes sociais enmarcábase dentro dos obxectivos fundacionais da Fundación Galicia Europa de achegar a realidade europea á sociedade galega e de sensibilizar sobre Europa en Galicia.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante