Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/09/2017

Galicia participará na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2017

Semana Europea das Rexións e das Cidades 2017. © Unión Europea
  • Galicia celebrará un obradoiro sobre o futuro da Política de Cohesión na Semana Europea das Rexións e das Cidades, que se celebrará a súa 15ª edición entre os días 9 e 12 de outubro en Bruxelas
  • Desde 2003 o Comité das Rexións organiza cada ano, en colaboración coa Comisión Europea, unha semana ás rexións e cidades de Europa

Bruxelas, 4 de setembro de 2017. Galicia participará na Semana Europea das Rexións e das Cidades, que se celebrará a súa 15ª edición entre os días 9 e 12 de outubro de 2017. A Semana Europea das Rexións e das Cidades 2017 contará con 28 consorcios formados por 174 rexións e cidades, que cobren todos os Estados membros da UE agás Chipre. Ao redor de 6000 persoas visitarán Bruxelas a razón de tal ocasión. Trátase dunha iniciativa que desde 2003 o Comité das Rexións celebra cada ano a principios de outubro, en colaboración coa DX de Política Rexional da Comisión Europea, dedicando unha semana ás rexións e cidades de Europa. Os actos principais teñen lugar na capital comunitaria.

Este ano, ademais dos eventos organizados en Bruxelas, os eventos locais terán lugar en rexións e cidades de toda a UE entre setembro e decembro. O Comité das Rexións impartirá 17 obradoiros e contará coa participación da Dirección Xeral de Política Rexional (REGIO), que organizará 55 talleres. Nesta iniciativa participarán 13 Direccións Xerais, así como outros socios de carácter académico, que tamén organizarán un total de 6 eventos fora das institucións europeas.

 

Participación de Galicia

A Fundación Galicia Europa (FGE), en representación da rexión de Galicia, forma parte do consorcio “Europa das Tradicións” formado por rexións italianas, portuguesas, polacas, norueguesas e gregas. Tras a sesión de apertura o 9 de outubro no Parlamento Europeo, que será seguida dunha conferencia de prensa no Comité das Rexións, entre os días 10 e 12 celebraranse obradoiros, debates e sesións interactivas en distintas localizacións de Bruxelas, dando tamén a coñecer os finalistas para os premios RegioStars.

O 11 de outubro terá lugar na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas o obradoiro “A Política de Cohesión en xogo: ¿por que segue sendo necesaria?”, enmarcado na temática das rexións e as cidades como axentes do cambio. De 14:30 a 17:00h 10 relatores vidos de cada unha das rexións e cidades membros do consorcio exporán, a través de exemplos concretos, os resultados da Política de Cohesión no seu territorio e a súa postura de defensa para mantela no futuro Marco Financeiro. Por outra parte, trataranse de identificar os puntos a mellorar e a forma de implementar esta política dunha forma más efectiva e coherente, apoiando e fortalecendo o proxecto europeo. O tema elixido mostra o férreo compromiso da nosa comunidade coa continuidade da política de cohesión.

O obradoiro galego enmarcase nunha Semana Europea das Rexións e das Cidades cuxo título este ano é “As rexións e as cidades traballando para un futuro mellor”, baixo o que se organizan seminarios en torno a tres temas principais: 

  • Construíndo rexións e cidades resilientes. Este tema enfócase na resposta das rexións e as cidades ao fenómeno da globalización
  • As rexións e as cidades como axentes do cambio, no que se inclúe o evento de Galicia. O obxectivo desta temática é mostrar como as rexións e as cidades contribuíron a cumprir os obxectivos europeos.
  • Compartindo coñecementos para conseguir resultados. Busca contribuír na Semana Europea das Rexións e das Cidades con exemplos de boas prácticas na implementación das políticas europeas.

 

Actos descentralizados dos Open Days en Galicia

Como rexión xestora do evento local do consorcio Europa das Tradicións, Galicia celebrará no mes de outubro en Santiago de Compostela un diálogo cidadán titulado “Europa na miña rexión”, co obxectivo de reunir a solicitantes de financiamento europeo, anteriores participantes das xornadas TecEuropa (programa de especialización en materia de financiamento europeo ofertado pola Xunta de Galicia), e establecer unha comunicación directa entre eles e os dirixentes políticos con influenza no panorama europeo.

Páxina web da Semana Europea das Rexións e das Cidades 2017


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante