Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/03/2017

A FGE lanza unha sección sobre o Brexit na súa páxina web

Juncker saúda á primeira ministra británica, Theresa May, na súa última reunión xuntos. © Unión Europea

Bruxelas, 1 de marzo de 2017. A Fundación Galicia Europa (FGE) pon en funcionamento un novo apartado sobre o Brexit na súa web que dará cabida a todas as novidades vinculadas a este proceso histórico para a UE, especialmente aquelas que afectan á política rexional europea e a Galicia.

O Plan de Actuación da FGE para 2017 recolle que a entidade se centrará nunha serie de campos considerados claves para a defensa dos intereses galegos en Europa: Política de Cohesión, políticas comúns agrícola e pesqueira, I+D+i, desafíos demográficos e Brexit. En consonancia con esta última prioridade, que ademais supón un feito histórico para a UE por ser a primeira vez que un Estado abandona o club comunitario, a FGE decidiu crear unha sección na súa web dedicada exclusivamente a esta temática. Trátase dun espazo no que se publicarán noticias breves acompañadas de ligazóns a textos máis explicativos, co obxectivo de poder afondar na materia. Ademais, a sección conta cunha liña do tempo dos principais feitos vinculados ao Brexit dos últimos anos, desde a promesa do referendo en 2013 á súa vitoria o ano pasado, o que permite trazar un seguimento histórico do proceso.

O lanzamento desta nova sección coincide co inicio das negociacións do Brexit, ás que se prevé que Theresa May dea o pistoletazo de saída este mes de marzo.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante