Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/06/2015

Presentación en Bruxelas do programa Oportunius de excelencia científica

  • Este programa pretende captar, reter e recuperar talento científico e innovador que desenvolva a súa carreira en Galicia

Bruxelas, 17 de xuño de 2015.- O vindeiro 1 de xullo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López, presentará en Bruxelas o programa Oportunius, unha iniciativa complementaria ao programa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC polas súas siglas en inglés). O programa Oportunius pretende reter, recuperar e captar talento científico e innovador que atenda as prioridades marcadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, RIS3. Esta proposta vai dirixida a investigadores europeos excelentes co obxectivo de que poidan desenvolver a súa carreira en Galicia e contribuír así coa súa excelencia ás capacidades de investigación galegas.

Dada a necesidade de fomentar unha investigación de calidade que garanta a competitividade en Europa, era prioritario que o programa Horizonte 2020 perseguise metas como o desenvolvemento do talento europeo, o acceso ás infraestruturas de investigación ou o reclamo dos mellores investigadores. Neste sentido, é vital que as rexións europeas definiran e fortaleceran as súas prioridades en liña co obxectivo de H2020 de reforzar e estender a excelencia da ciencia na UE. As rexións definen as súas prioridades neste campo nas súas Estratexias de Especialización Intelixente (RIS3).

Co obxectivo de fortalecer a relación entre a ciencia excelente e a RIS3 galega nace Oportunius. Este programa presentarase o vindeiro día 1 de xullo na Representación Permanente de España ante a UE en Bruxelas, nun seminario titulado “Sinerxías entre a ciencia excelente e a RIS3”. No encontro intervirán o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López, o xefe de departamento de xestión científica do ERC, José Labastida e o xefe de gabinete da comisaria de Política Rexional, Corina Cretu, Mikel Landabaso.

Nos documentos adxuntos pódese consultar o programa completo do evento.

Para rexistrarse, prégase poñerse en contacto coa Fundación Galicia Europa en bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu

Data: Mércores, 1 de xullo de 2015, 10:00 am – 12:00 am

Lugar: Representación Permanente de España ante a UE, Boulevard du Régent 52, Bruxelas


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante