Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/05/2015

A FGE, o Club de Debate Compostela e a USC organizan un debate sobre o proxecto europeo e a integración política e económica que supuxo a Unión Europea

3499F_1432140528_image_gallery.jpg Ver máis...

  • A iniciativa organizouse con motivo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio
  •  Estivo protagonizado por estudantes universitarios provenientes de distintas disciplinas académicas e pertencentes ao Club de Debate da USC

Santiago, 7 de maio de 2015.- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, asistiron no Pazo de Fonseca a un debate sobre o proxecto europeo, globalización e a integración política e económica que supuxo a Unión Europea.

Esta iniciativa celebrouse co gallo do Día de Europa, que se conmemora o 9 de maio, e na súa organización participaron tanto a Xunta de Galicia, como a Fundación Galicia Europa e a Universidade de Santiago de Compostela.

O debate estivo protagonizado por estudantes universitarios de distintas disciplinas académicas, como ciencias políticas, dereito, matemáticas ou periodismo, e pertencentes ao Club de Debate da USC. A cuestión central para centrar a discusión foi “É esta a Europa que queremos?”, debido aos moitos retos políticos, económicos, sociais e demográficos aos que se vén enfrontando a UE nos últimos anos.

Os argumentos xiraron en torno a cómo a globalización está a modificar os marcos clásicos da política. Durante décadas, a Unión Europea proporcionou estabilidade e prosperidade ao continente a través dun proceso de integración política e económica sen precedentes, pero o entorno mundial estase a transformar e a UE deberá adaptar os seus obxectivos e políticas a unha nova situación xeopolítica global.

Os participantes disertaron sobre os retos aos que Europa debe facer fronte na actualidade e que definirán o seu papel como actor global nas próximas décadas. Ao reto demográfico e a perda de competitividade do seu tecido produtivo debe engadirse a existencia de novas potencias emerxentes nos eidos da investigación, innovación, desenvolvemento tecnolóxico ou enerxía, ao tempo que debe preservar as políticas de sostibilidade e benestar que demandan tradicionalmente os seus cidadáns.

Formato do debate

O acto desenvolveuse segundo o modelo da Cámara dos Comúns do Parlamento británico, debatendo dous equipos, denominados “Schuman” e “Monet” en conmemoración de dous dos pais fundadores da actual Unión Europea, enfrontáronse dialecticamente a favor ou en contra da cuestión plantexada.

Un xurado, integrado por profesores universitarios e expertos en asuntos europeos e comunicación, valorou a capacidade de argumentación, o razoamento crítico, a capacidade de análise, a creatividade e a oratoria, elixindo ao mellor orador entre os dous equipos. Cada equipo estivo integrado por cinco persoas, que expresaron as súas opinións a favor ou en contra do tema elixido en bancadas enfrontadas e cun atril lateral para a exposición oral.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante