Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/10/2014

A FGE publica o resumo do acto central do proxecto “Dimensión Europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”

Santiago, 24 de outubro de 2014.- Dende o día de hoxe, a web do proxecto da FGE “Dimensión Europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”, contará cun resumo en vídeo do seu acto central, celebrado en maio deste ano na capital de Galicia. Este estivo dirixido a membros do profesorado galego de Formación Profesional, co propósito de lles achegar as iniciativas postas en marcha dende Europa e Galicia para favorecer a inserción no mercado laboral dos estudantes e titulados de FP.

O vídeo fai un percorrido por varios dos paneis do seminario, nos que expertos europeos e galegos trataron cuestións de interese e actualidade como a Garantía Xuvenil, o programa Erasmus para Novos Emprendedores ou o novo programa Erasmus+.


A Fundación Galicia Europa atópase actualmente a organizar a segunda fase do proxecto, baseada na celebración, este outono, de catro actos descentralizados nos seguintes centros de FP de cada unha das provincias galegas.

  • Provincia de Lugo: CIP Politécnico
  • Provincia de Pontevedra: CIP Valentín Paz Andrade
  • Provincia de Ourense: CIP A Carballeira - Marcos Valcárcel
  • Provincia de A Coruña: CIP Someso

Estes obradoiros terán como obxectivo informar directamente ao alumnado de FP sobre as iniciativas existentes para promover o emprendemento e a mobilidade entre a mocidade, ao tempo que recibirán orientación para facilitar a súa entrada no mercado laboral e mellorar a súa empregabilidade.

“Dimensión Europea da Formación Profesional: formación, mobilidade e emprendemento”

Este proxecto é unha iniciativa da FGE coa subvención da Representación da Comisión Europea en España, orientada a difundir entre estudantes, titulados e profesores de Formación Profesional as políticas e iniciativas da Unión en materia de emprego, mobilidade e emprendemento. A súa finalidade é potenciar a integración dos mozos demandantes de emprego a través do fomento da mobilidade e o emprendemento entre os alumnos e dunha maior implicación do profesorado de FP nas iniciativas relacionadas.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante