Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/10/2010

Compostela Monumental homenaxea á Fundación Galicia Europa

Santiago, 22 de outubro de 2010. O colectivo de comerciantes, empresarios e profesionais da zona histórica compostelá rendiu homenaxe onte á Fundación Galicia Europa polo "seu apoio constante en diversos asuntos relacionados co pequeno comercio e a aplicación das normativas europeas en Galicia e Santiago”.

Título de la foto
Jesús Gamallo en compaña dos homenaxeados por Compostela Monumental

A Fundación colabora na organización do III Congreso Nacional da Confederación Española de Cascos Históricos, na que Compostela Monumental exerce de anfitriona e que se celebra en Santiago estes días. Neste encontro o colectivo aborda temas como a aplicación das novas normativas comunitarias referentes ao comercio tradicional, e analiza a posibilidade de colaboración entre asociacións do mesmo sector a nivel europeo.

O director-apoderado da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, asistiu ao acto de homenaxe onte no Hotel Monumento San Francisco, durante o transcurso da celebración da Gala do Asociado que organiza Compostela Monumental.

 

Distinción a Cultura, Traballo e Comercio

 

Compostela Monumental recoñeceu tamén o apoio das administracións e dos seus titulares, como o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, pola “promoción mundial de Santiago”; a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro polos programas de formación continua e fomento do emprego no sector do comercio tradicional; e ao presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda.

 

Xunto a eles, tamén se rende homenaxe ao editor do Grupo Correo Gallego, Feliciano Barrera, e ao delegado da edición compostelana de La Voz de Galicia, Ignacio Carballo, como mostra de agradecemento ao traballo de difusión realizado polos medios de comunicación sobre as actividades de Compostela Monumental.

 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante