Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/06/2010

A Comisión Europea escolle Santiago como destino da súa campaña ”Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?”

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2010. A Comisión Europea escolleu Santiago de Compostela como destino da súa campaña ”Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?”. Esta iniciativa celebrarase os próximos 30 de xuño e 1 de xullo na Alameda coa montaxe dunha carpa na que se informará aos cidadáns sobre os programas e actuacións da UE en materia social. 

A Xunta de Galicia participa activamente nesta iniciativa a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, a Consellería de Traballo e Benestar, o IGAPE, Xacobeo 2010 e a Fundación Galicia Europa, que mostrarán nos seus stands o papel que desempeñan no fomento do emprego, a igualdade de oportunidades, a promoción económica dentro e fóra das nosas fronteiras, así como a defensa dos intereses galegos dentro da Unión. Xunto a eles haberá outros expositores nos que estarán representados outros organismos caracterizados polo seu labor de dinamización e impulso das redes comunitarias, como Enterprise Europe Network, EURES Transfronteirizo, Europa Direct e Concello de Santiago de Compostela.

Ademais destes stands, as dúas xornadas da campaña inclúen a realización de debates e conferencias sobre catro eixos temáticos relacionados coa integración e o emprego: a inserción laboral de persoas con discapacidade, a inclusión social, o fomento do espíritu emprendedor e a mobilidade transfronteiriza. A carpa contará tamén con actividades lúdicas para os visitantes, como música clásica e contemporánea, espectáculos de maxia para todos os públicos a cargo do mago Martín Camiña e actuaciones artísticas do colectivo Pista Catro.

 

Programa da campaña ”Sabe o que a Europa Social pode facer por vostede?”

 

Programa extendido


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante