Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/02/2021

A Xunta e a Comisión Europea abordan os retos demográficos da UE nos encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

5271F_1614176270_JGA_NGGA__2.jpg
  • O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na segunda reunión do ciclo de encontros virtuais “FGE Next Generation Galicia” da Fundación Galicia Europa
  • A Xunta explicou o enfoque transversal da Lei de Impulso Demográfico que ten como obxectivos reforzar a conciliación, o envellecemento activo, o retorno da diáspora e un mellor equilibrio territorial
  • A CE presentou o Libro Verde sobre envellecemento que acaba de publicar e o traballo de reflexión que está a liderar sobre como aproveitar ao máximo o potencial das zonas rurais

Bruxelas, 24 de febreiro do 2021.O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no segundo dos encontros virtuais FGE Next Generation Galicia, da Fundación Galicia Europa, entre a Xunta e a Comisión Europea.

No encontro, moderado pola directora da oficina bruxelesa da FGE, Ana Ramos, unha ampla representación da Xunta puido coñecer, da man de dúas representantes da Comisión Europea, o diagnóstico que esta institución fai do impacto do cambio demográfico en toda a UE e os pasos dados para identificar unha posible resposta a nivel europeo. A Comisión Europea publicou en xaneiro un Libro Verde para iniciar un amplo debate político sobre os retos e as oportunidades do envellecemento da sociedade europea, cuxa consulta está aberta ata o 21 de abril.

Por outro lado, a Comisión prevé publicar a mediados de ano unha comunicación sobre o futuro das zonas rurais, onde vive un 21% da poboación europea malia ocupar o 45% do territorio europeo. A Comisión considera necesario aproveitar ao máximo o seu potencial e apoialas para que afronten os seus problemas específicos, dende o cambio demográfico á conectividade, pasando polo risco de pobreza ou o acceso limitado aos servizos.

Pola súa parte, a Xunta explicou o enfoque transversal da Lei de Impulso Demográfico que abarca o apoio ás familias para unha mellor conciliación, o reforzo de medidas para o envellecemento activo, o fomento do retorno da diáspora e unha mellor equilibrio territorial, entre outras cuestións.

Ciclo de encontros virtuais Xunta-UE da FGE
Primeiro baixo o nome de Galicia na recuperación económica da UE e agora como FGE | Next Generation Galicia, o ciclo de encontros virtuais da FGE tratou, desde a súa posta en marcha en setembro de 2020, numerosos temas de relevancia para Galicia, como a transición verde, a Estratexia Industrial para Europa ou a futura política de cohesión 2021-2027. Nestes encontros participan responsables políticos e técnicos dos departamentos da Xunta de Galicia e da Comisión Europea. Co cambio de nome, a FGE quere subliñar o rol que está a xogar para dar apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, creada polo Goberno galego para identificar proxectos susceptibles de ser financiados polo instrumento europeo de recuperación NextGenerationUE.

Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante