Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/12/2020

A Xunta e o BEI dánse cita no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

5217F_1607512202_bei.jpg
  • Ambas institucións analizaron o papel do BEI na recuperación económica europea
  • O BEI executará a maior parte dos 9 400 millóns de euros do programa InvestEU

Bruxelas, 9 de decembro de 2020.  Esta mañá, a Xunta e o Banco Europeo de Investimentos (BEI) déronse cita no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa “Galicia na recuperación económica da UE”.

Durante o encontro, moderado pola directora da oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, os asistentes de varios departamentos da Xunta puideron coñecer da man da directora de Operacións encargada de España e Portugal no BEI, Birthe  Bruhn- Léon, o papel deste organismo na recuperación económica europea, fortemente vinculado aos obxectivos do Pacto Verde. Un papel que, como lembrou Ana Ramos, resultou fundamental desde o inicio da pandemia, coa mobilización de fondos, para apoiar ao sector sanitario e aliviar os problemas de liquidez das pemes; e que, como explicou  Bruhn- Léon, continuará a desempeñar a través de programas como  InvestEU, que contará cun orzamento de 9 400 millóns de euros que serán executados no seu maior parte por este organismo. 


Galicia na recuperación económica da UE

Este encontro é o décimo terceiro dun ciclo organizado pola FGE que ten como obxectivo achegar á administración galega as políticas europeas que guían o Plan de Recuperación para Europa e o novo marco financeiro plurianual 21-27. Os anteriores encontros trataron temas, como o futuro Fondo de Transición Xusta, a nova estratexia industrial da UE, a próxima xeración de fondos de política rexional, o instrumento temporal “Next Generation EU” ou os retos dixitais da UE.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante