Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/11/2017

A Fundación Galicia Europa informa a estudantes de Ciencias Políticas da USC sobre oportunidades laborais no eido internacional

Imaxe das xornadas formativas para estudantes na USC. © Fundación Galicia Europa
  • O persoal da Fundación mostrou aos estudantes de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela as oportunidades de saídas laborais e prácticas tanto na Unión Europea como noutros organismos internacionais.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017.  A Fundación Galicia Europa participou nunha  Xornada Informativa sobre Saídas Profesionais organizada pola Universidade se Santiago de Compostela para informar aos estudantes sobre as oportunidades que o ámbito internacional lles brinda para iniciar as súas carreiras profesionais. 

Na súa intervención, o persoal técnico da FGE realizou unha presentación sobre a Fundación Galicia Europa e ónde se insertan as actividades dos bolseiros nas principais liñas de acción da FGE, dende o seu papel na defensa dos intereses galegos na capital comunitaria, ata o seu compromiso coa formación da mocidade galega en asuntos europeos, así como o seu servizo de asesoramento sobre cuestiones europeas. O persoal da Fundación realizou unha exposición presentando as bolsas de prácticas ofertadas pola entidade, así como as bolsas propias das institucións europeas. 

De esta maneira a Fundación da a coñecer á mocidade as oportunidades que as institucións europeas lles brinda, levando a cabo de esta forma un dos seus fins fundacionais de dar a coñecer a Unión Europea á sociedade galega.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante