Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/06/2017

A Consellería do Mar lidera un seminario sobre o impacto da prohibición dos descartes pesqueiros

Imaxe do seminario celebrado en Vigo. © Xunta de Galicia
  • A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou na inauguración do seminario ´Descartes e obriga de desembarque: obxectivo loable, practica inviable’

Bruxelas, 26 de xuño de 2017. A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou hoxe na inauguración do seminario ´Descartes e obriga de desembarque: obxectivo loable, practica inviable?´, un evento da Comisión do Arco Atlántico liderado por Galicia que se celebra hoxe e mañá no Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, en Vigo.

Na inauguración do encontro, organizado polo Grupo de Pesca e Acuicultura do ente europeo, a directora xeral explicou que para Galicia é unha honra acoller este seminario no que participan as rexións con maior interese pesqueiro de Europa, como Pays de la Loire e Bretaña e comunidades autónomas como Andalucía e Asturias. Mercedes Rodríguez sinalou que no seminario se poñerán en común os coñecementos e preocupacións que existen en relación coa prohibición dos descartes en todas as rexións do Arco Atlántico. 

Fonte: Consellería do Mar (Xunta de Galicia)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante