Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/06/2017

Curso monográfico 60 anos da Unión Europea: Balance e perspectivas

Logo do 60 aniversario dos Tratados de Roma. © Unión Europea
En conmemoración do 60 aniversario da sinatura dos Tratados de Roma, a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) convoca un curso de dous días en Santiago de Compostela coa finalidade de analizar os fitos acadados pola Unión Europea desde a súa constitución ata a actualidade, así como o futuro do proceso de integración. Se prestará especial atención ás incertezas derivadas do Brexit e demais retos que a Unión deberá afrontar os próximos anos.

-Descripción formal
Obxectivos:
Con motivo do 60 aniversario da firma dos Tratados de Roma, a EGAP
convoca este curso ao obxecto de facer balance e debater acerca das metas
alcanzadas pola Unión Europea desde o comezo da súa andaina e do futuro
do proceso de integración e as políticas comunitarias. Para estes efectos, as
incertezas derivadas do Brexit e demais retos que a Unión deberá afrontar
os próximos anos constitúen cuestións esenciais a analizar no presente
programa.

Destinatarios:
Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia e dos entes do
sector público autonómico, da Administración de xustiza, das universidades
galegas, xuristas, profesionais, docentes, alumnos/as universitarios/as e
persoas interesadas en xeral.

Convocatoria:
DOG núm. 107, do 7 de xuño de 2017.
Lugar de desenvolvemento:
Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
R/ Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Dirección académica:
Sonia Rodríguez-Campos. Directora da EGAP.
Marcos Almeida Cerreda. Universidade de Santiago de Compostela.

Coordinación:
Paco Sánchez. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Información e matrícula:
Teléfonos: 981 546 239/ 981 546 241
Correo: novas.egap@xunta.gal / Web: http://egap.xunta.gal
Máis información aquí

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante