Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/06/2015

A Fundación Galicia Europa organiza unhas xornadas sobre Garantía Xuvenil ao abeiro do proxecto EMPRENDE

  • Pretende mostrar as ferramentas que a UE e a Xunta ofrecen tralo compromiso de garantir o éxito da transición da mocidade ao emprego

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015.- A Fundación Galicia Europa organiza unhas xornadas informativas sobre Garantía Xuvenil ao abeiro do proxecto EMPRENDE. Unha das sesións organizouse o pasado 19 de xuño en Vilagarcía de Arousa e a próxima terá lugar o vindeiro día 30 en Verín. Trátase dunhas xornadas informativas sobre as oportunidades que o programa de  Garantía Xuvenil ofrece para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción laboral e promover o emprendemento. A FGE organiza este encontro ao abeiro do proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP).

Coa axuda da experiencia práctica de estes anos de traballo no proxecto EMPRENDE, estas xornadas ten como obxectivo dar a coñecer á mocidade e aos axentes implicados as vantaxes e utilidades do programa de Garantía Xuvenil e animar aos asistentes a que se inscriban no sistema.

No encontro explicaronse as distintas medidas das que se poden beneficiar os mozos de entre 16 e 24 anos que se poden acoller a este programa de Garantía Xuvenil. Estas medidas expuxéronse agrupándoas en catro eixos principais: mellora da intermediación, mellora da empregabilidade, estímulos á contratación e fomento do espírito emprendedor.

O curso vai dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 24 anos en situación de desemprego, e aos axentes implicados. Darase prioridade á orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos que vivan en zonas limítrofes aos lugares onde se celebrarán as xornadas. A inscrición é gratuíta.  

Convócanse 20 prazas para estas xornadas. Os interesados poden inscribirse ata o 26 de xuño para a xornada que se celebrará o día 30 en Verín. Comunicarase aos interesados a correcta recepción da súa inscrición e a resolución definitiva. A asistencia a toda a xornada é obrigatoria.

A xornada en Vilagarcía de Arousa celebrarase no Liceo (c/ Castelao nº5). Pola súa banda, a xornada en Verín terá lugar no Centro de Desenvolvemento Cooperativo (polígono Industrial de Pazos).

Nos documentos adxuntos pódese atopar o documento de inscrición e o programa. As inscricións debidamente cumprimentadas deben enviarse a santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Proxecto EMPRENDE

“Mozos emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento e o desenvolvemento de nova actividade económica e empresarial por parte dos máis novos.

Neste proxecto colaboran a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.

O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia – Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos. 

Máis información sobre o proxecto EMPRENDE


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante